martes, 17 de septiembre de 2013

Pulseira Estreleira






En todos os nosos traballos, gustanos que a persoa que leve a nosa creación se sinta reflexado con ela, polo que neste encargo tan especial decidimos facer unha pulseira coa Bandeira Estreleira

É difícil establecer a definición e os factores que definen unha nación. Case todo o mundo coincide en identificala coa patria, e que para que exista debe cumprirse o requisito mínimo de que os seus membros teñan o sentimento de pertencer a ela. 

Toda nación debería ter dereito a decidir libremente o seu destino, dereito que leva consigo a capacidade para dotarse dun autogoberno e formar unha nación soberana cun Estado independente.

Polo que este sentimento nacionalista representámolo coa Bandeira Estreleira.

Esperamos que vos guste e se queredes unha xa sabedes, mandádenos un email a:
argallannadas@gmail.com

2 comentarios: