martes, 6 de agosto de 2013

Xoieiro de pared

Hoxe traémosvos unha boa idea para organizar todas as vosas xoias. A forma máis sinxela de realizar esta argallannada é adquirindo uns cuberteiros de madeira en calquera tenda.

No noso caso distribuímos as caixas da seguinte forma e pegámolas cun adhesivo de montaxe.
Tinguimos a madeira para darlle un toque máis rústico. 
 
Unha vez realizada a estrutura, en función das nosas necesidades colocaremos os distintos accesorios para colgar as nosas xoias.
  • Cáncamos para poder colgar os nosos colares e pulseiras. 
  • Grapamos tea de reixa para os nosos pendentes.
  • E realizamos este estupendo anillero.
 
 Nos hemos seguido este tutorial de YouTube para facer o noso organizador de aneis.



Tapizamos con moqueta a parte de atrás, para evitar rozamentos que estraguen a nosa parede, así como uns cáncamos para colgalo.

 E este foi o noso resultado.
Este outro foi reciclando unhas vellas caixas. 
 
Como vedes é unha argallannada moi sinxela, pero para aquel@s que non se queiran complicar, estaremos encantadas de realizala por vos, só tedes que enviarnos un correo electrónico a argallannadas@gmail.com.






No hay comentarios:

Publicar un comentario