miércoles, 13 de febrero de 2013

MOEDEIRO REDGO.



   

Ola Argallanner@s, hoxe imosvos a ensinar uns moedeiros moi chulos.

Podemos realizalos de múltiples formas, tamaños, cores e aperturas.

Neste caso decantámonos pola técnica do crochet e empregamos un fío 100% algodón de cor vermello.

O tipo de  abertura que lle puxemos é unha boquilla de bronce antigo, non queriamos que fosen moi grandes así que o tamaño da boquilla ten que ser acorde co moedeiro que queremos realizar, no noso caso a boquilla é de 7 cm.

Pouco a pouco irémosvos amosando outros moedeiros con outras técnicas e outro tipo de aberturas.

Esperamos que vos gusten e xa sabedes se queredes uns mandarnos un correo electrónico a argallannadas@gmail.com ou entra na nosa tenda (na pestana de arriba á dereita)

  
Todos os artigos son feitos a man, así que poden sufrir pequenas modificacións coa foto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario